viernes, 24 de abril de 2015

Científicos españois manipulan por primeira vez ADN dun embrión para curalo.


  A nova técnica sería a alternativa aos «embrións de tres pais», aprobados en Reino Unido. Probada só en ratos, abre un novo dilema ético sobre a manipulación xenética antes de nacer.




    O Reino Unido converteuse no primeiro país en dar luz verde aos chamados «bebés de tres pais» e coa autorización espertouse un importante debate ético. 


     Entón, 328 parlamentarios británicos votaron a favor porque malia a controversia, evitar enfermidades tan desvastadoras sen tratamento, compensaba o risco.

      Non se altera o ADN nuclear.

     A nova estratexia non engade ADN dun terceiro, pero abre un novo debate ético ao manipular xeneticamente un embrión para curalo. É a primeira vez que se fai e a demostración inequívoca de que tamén se pode cambiar o material xenético que define unha persoa. 

      Do mesmo xeito que se pode corrixir unha enfermidade grave, tamén se abre a porta a manipular os xenes dun non nacido e quizais a fabricar bebés máis altos, máis listos, con ollos azuis... Aínda que neste caso non se altera o ADN nuclear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario