sábado, 29 de noviembre de 2014

Problemas ao durmir

Unha noite en vela require o mesmo gasto de enerxía que correr máis de tres quilómetros.
Un estudo dunha Universidade de Colorado demostra que o non durmir ben pode xerar o risco de sufrir distintos trastornos coma :

  • Insomnio: caracterízase por ter problemas á hora de conciliar o sono, o que pode ser perigoso a longo prazo.
  • A apnea: súfrena aquelas persoas que se despertan constantemente ao intentar descansar


Isto pode provocar un aumento do peso e incluso obesidad.
Ademáis destas enfermidades non durmir fai que os niveis de dopamina aumenten no cerebro, o que se traduce a sensación de fatiga e dificultades nos procesos cognitivos.

Sin embargo o durmir máis da conta pode dar un problema, pode causar risco de depresión e fatiga.

lunes, 24 de noviembre de 2014

Recordaremos siempre nuestra lengua natal

Nas primeiras etapas do desarrollo da lingua, os nenos aprenden a distinguir (sen importar a lingua que sexa) qué sons son importantes e significativos. 

Para probar isto fíxose un estudo para ver si estas representacións desaparecían cando o neno deixaba de escoitar a súa lingua natal.



Para facer este experimento probaron a poñerlle grabacións en mandarín a tres grupos de rapaza: un grupo formado por nenas nacidas en China que foran adoptadas por unha familia francesa antes dos tres anos, que só falaban francés, outro grupo formado por nenas que falaban francés e mandarín con fluidez e un derradeiro grupo que só falaban francés, que nin falaban nin entendían mandarín.


Ao escoitar a grabación, o cerebro das rapazas que estiveran expostas ao mandarín mostrou actividade no hemisferio esquerdo, onde se procesa a linguaxe.

Nas nenas que só falaban francés activáronse rexións do hemisferio dereito, involucradas no procesamento das sons. Isto significa que o cerebro dese último grupo non identificou o madarín como unha linguaxe, mentres que isto si ocorreu nos outros dous grupos, pese a que un non entendía o significado das palabras.

Para ter máis información podédela ter no BBC.

Unha excursión ao laboratorio de Pontevedra

Hoxe, día 24 de Novembro de 2014, os meus compañeioros de Ciencias Para O Mundo Contemporáneo e máis eu, xunto coas profesoras Ada e Ana, fixemos unha excursión  ao laboratorio científico de Pontevedra.

Ao chegar recibíronnos nun dos edificios. Nos separaron en tres grupos, que se irían rotando para faceren as distintas prácticas e, así, con menos persoas fosen más doadas de se realizar.

No meu grupo a primeira práctica foi sobre repolos, grelos, etc. Primeiro deronnos unha pequena charla sobre o que alí se facía. Despois fixemos unha práctica na que tiñamos que sementar unhas sementes nun frasquiños, da misma maneira que eles o fan para os seus cultivos.

Despois de rematar cas sementes saímos dese edificio e fomos a outro xusto ao lado. Alí nos puxeron un video sobre o ciclo do Nitróxeno e sobre os cultivos das bacterias. Ao remarar o vídeo dúas persoas puideron cultivar bacerias que nos puidemos levar para o laboratorio da aula.

Como derradeira práctica foi o millo. Nos explicaron sobre as cosechas e as pragas. Nesta última práctica pesamos vermes e medimos os millos.

Para acabar a visita demos un paseo ata o pazo e fixemos unha foto todos xunto o hórreo.

martes, 4 de noviembre de 2014

Teresa Romero, a auxiliar de enfermería


Paréceme unha boa maneira de comezar este blog cun tema moi actual e que nos tivo moito tempo en alerta. O virus do ébola comezou en Guinea, África e foise expandindo a Nigeria, Serra Leona, Liberia... Tamén chegou a EEUU e tamén a España. Chegou infectado un sacerdote dende África que non puido superar o virus e faleceu. A auxiliar de enfermería que o atendeu contaxiouse deste virus e estivo loitando contra el ata fai poucos días. Teresa a día de hoxe xa está curada do virus despois dos,seguramente, peores días da súa vida nos que perdeu ao seu can Escalibur.


España conseguiu afrontar o virus pero seguimos en alerta.



                    Se queredes máis información podédela buscar nos seguintes enlaces ABC ,Actualidad RT













Benvida ao meu blog de CMC!

Hola, eu son Belén Hermo e este vai a ser o meu blog de CMC para este curso 2014/2015. Vouvos ir amosando diferentes noticias da actualidade do meu interese e espero que do voso! Unha aperta !!