viernes, 17 de abril de 2015

«Cociña» de alta tecnoloxía

  Crean uns músculos artificiais a partir de células de cebola capaces de contraerse e de expandirse en función da voltaxe que circula por uns filamentos. Isto supón un paso máis na investigación de biomateriais con aplicación médica.
Crean unos músculos artificiales a partir de células de cebolla
   Dende hai algúns anos os físicos e os biólogos decidiron unir as súas forzas para producir materiais sintéticos que aproveitan algún deseño ou algún compoñente xa presente na natureza. A súa aplicación máis directa é a medicina, e de momento as innovacións van dende as córneas artificiais, ás válvulas ou marcapasos para o corazón, pasando polos xeles que actúan como estadas e que permiten guiar a cicatrización de grandes feridas na pel.

     Este martes, un equipo de investigadores do Laboratorio Shih, na Universidade de Taiwán, deu un paso máis alá na investigación dos biomateriales, co desenvolvemento dun músculo artificial a partir de células de cebola. Este deseño, que foi presentado esta semana no a revista «Applied Physics Letters», é capaz de contraerse ou de expandirse cando se aplica unha corrente eléctrica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario