sábado, 31 de enero de 2015

Unha nova nave para a Estación Espacial



O 16 de outubro de 2014, o Centro para o Avance da Ciencia no Espazo (CASIS) anunciou o acordo de cooperación entre a NASA e a empresa Intuitive Machines para desenvolver unha nova nave espacial: o TRV, ou Vehículo de Retorno Terrestre, que terá por misión transportar á Terra mostras científicas procedentes de experimentos que se realizan a bordo da Estación Espacial Internacional (ISS).


A ISS é un laboratorio científico dunhas 420 toneladas, do tamaño dun campo de fútbol, que orbita arredor da Terra a unha velocidade duns 7,6 km/s (case 27.500 km/h), a unha 
altura duns 400 km. A bordo deste laboratorio, no que participan as axencias espaciais de EUA, Canadá, Europa, Rusia e Xapón, leváronse a cabo ata marzo de 2014 un total de 1.651 investigacións, definidas estas como o conxunto de actividades deseñadas para probar unha hipótese ou conxunto de hipóteses científicas relacionadas, ou para probar un conxunto de obxectivos tecnolóxicos relacionados.



As distintas actividades de investigación a bordo da ISS repártense entre as áreas de desenvolvemento de tecnoloxía (especialmente a requirida para a realización de misións humanas de longa duración), bioloxía e biotecnoloxía, ciencias da Terra e do espazo, física e ciencia dos materiais, e investigación sobre a saúde humana.
O TRV será enviado á ISS nunha nave de carga comercial como a cápsula Dragon de SpaceX e permanecerá almacenada alí ata que sexa utilizada. Cando chegue ese momento, os astronautas da estación introducirán nela as mostras científicas pertinentes e a nave será emprazada nun compartimento do Módulo de Experimentación Xaponés de onde será extraida polo brazo robot dese módulo para ser posteriormente eyectada ao espazo.

viernes, 30 de enero de 2015

Condromalacia

rodillaA condromalacia rotular é unha lesión deportiva que afecta á cartilaxe posterior da rótula. Entre outros, as orixes son: desgaste por sobreuso da flexión de xeonllo, anchura de cadeiras ou pisada cara a dentro ao andar. Neste artigo recoméndanse actividades físicas saudables para tonificar, gañar flexibilidade e mellorar a capacidade cardiovascular do suxeito tendo como principio non realizar flexión de xeonllo e traballar cuádriceps e isquiotibiales de forma isométrica. Tamén se fala das precaucións que se deben ter se se quere practicar outro tipo de deporte.

Consiste nunha dexeneración da superficie cartilaxinosa existente na cara posterior da rótula, consecuencia do rozamento do cóndilo femoral sobre esta ou ben por un crecemento anómalo da cartilaxe.


O tratamento dependerá da orixe específica da dor. Como se describe arriba, tanto condromalacia coma síndrome patelo-femoral non son diagnósticos, xa que non explican a orixe do padecemento. Se o problema se debe a un estreitamento da banda ileotibial, o tratamento enfocarase en rehabilitar eses ligamentos. Se o paciente está afectado por unha irritación da rama infrapatelara do nervio safeno, o tratamento pode consistir en infiltracións de ácido hialurónico. Se a causa é postural, o tratamento enfocarase en fisioterapia.

viernes, 23 de enero de 2015

A apendicite


A apendicite (inflamación do apéndice) require atención médica inmediata. Por iso é importante aprender a recoñecer os seus síntomas (e sabelos distinguir dos propios dunha dor de tripa normal e corrente) para poder solicitar atención médica de inmediato.

Os primeiros síntomas da apendicite adoitan ser febrícula e dor arredor do embigo. A dor adoita empeorar e desprazarse cara á parte inferior dereita do bandullo. Vómitos, diarrea ou estrinximento e perda do apetito son outros síntomas habituais.




Se o apéndice infectado non se extirpa, pode rematar por rebentar e diseminar as bacterias. A infección ocasionada pola ruptura do apéndice é moi grave, pode formar un absceso (unha infección de pus) ou estenderse por todo o abdome (este tipo de infección denomínase peritonite).

Un material repele a auga ata facela rebotar

Un metal repele de tal forma a auga que as gotas saen disparadas nada máis tocalo. O truco está nuns patróns microscópicos debuxados na súa superficie con axuda do láser, que xeran esta propiedade excepcional, denominada superhidrofobia. 

 O equipo de investigadores da Universidade de Rochester (EUA) que o logrou crea, usando pulsos de láser, un modelo complexo de nanoestruturas para dar aos metais estas novas propiedades. A vantaxe principal desta técnica é que, ao cicelarse no propio metal, esta superhidrofobia non se borra ou deteriora con facilidade, como cando se consegue con tratamentos químicos.


 

Esta técnica permitiría crear superficies que non se conxelen, mellorar a limpeza en países pobres e paneis solares máis eficientes.

viernes, 16 de enero de 2015

Ter wifi supón tanto problema coma un caracol nunha autopista

        Un estudo realizado durante catro anos por investigadores españois conclúe que a influencia das ondas de telefonía sobre a saúde é tan insignificante como a de unha lámpada situada a 1 km de distancia.Houbo un tempo no que temiamos quentar a comida no microondas polo temor de sacar dalí un prato «atómico» ademais de requentado. Superadas as primeiras inquietudes, aceptamos o quentamento por rozamento como parte da nosa vida cotiá sen poñerlle máis atención que a de non nos pasar cos minutos.

       Agora, son outro tipo de ondas as que nos preocupan. A idea de que a telefonía móbil ou o wifi poden prexudicar a saúde está moi estendida, ata o punto de que existen peticións para eliminar as redes inalámbricas dos colexios e evitar a exposición nos máis pequenos, e outros acusan ás antenas de estar enfermos ou padecer cancro. Nalgúns casos mesmo conseguiron retiralas.

       Durante catro anos, os investigadores mediron en Albacete a exposición de 75 persoas a estas ondas en 14 bandas de frecuencia,FMTETRA, TV e as seis bandas de telefonía móbil, wifi, o inalámbrico (DECT), etc...Segundo os resultados, en media por banda de frecuencia, a radiación media recibida «é a equivalente á que recibiriamos dunha lámpada de 100 W a 1 km de distancia», é dicir, algo insignificante.

       En conclusión, non hai ningún estudo que correlacionar a radiofrecuencia co cancro.

viernes, 9 de enero de 2015

Un novo trimestre!

Aquí dou comezo a esta longa segunda evaluación. Espero que vos gusten as miñas entradas!