lunes, 24 de noviembre de 2014

Unha excursión ao laboratorio de Pontevedra

Hoxe, día 24 de Novembro de 2014, os meus compañeioros de Ciencias Para O Mundo Contemporáneo e máis eu, xunto coas profesoras Ada e Ana, fixemos unha excursión  ao laboratorio científico de Pontevedra.

Ao chegar recibíronnos nun dos edificios. Nos separaron en tres grupos, que se irían rotando para faceren as distintas prácticas e, así, con menos persoas fosen más doadas de se realizar.

No meu grupo a primeira práctica foi sobre repolos, grelos, etc. Primeiro deronnos unha pequena charla sobre o que alí se facía. Despois fixemos unha práctica na que tiñamos que sementar unhas sementes nun frasquiños, da misma maneira que eles o fan para os seus cultivos.

Despois de rematar cas sementes saímos dese edificio e fomos a outro xusto ao lado. Alí nos puxeron un video sobre o ciclo do Nitróxeno e sobre os cultivos das bacterias. Ao remarar o vídeo dúas persoas puideron cultivar bacerias que nos puidemos levar para o laboratorio da aula.

Como derradeira práctica foi o millo. Nos explicaron sobre as cosechas e as pragas. Nesta última práctica pesamos vermes e medimos os millos.

Para acabar a visita demos un paseo ata o pazo e fixemos unha foto todos xunto o hórreo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario