Un estudo realizado durante catro anos por investigadores españois conclúe que a influencia das ondas de telefonía sobre a saúde é tan insignificante como a de unha lámpada situada a 1 km de distancia.Houbo un tempo no que temiamos quentar a comida no microondas polo temor de sacar dalí un prato «atómico» ademais de requentado. Superadas as primeiras inquietudes, aceptamos o quentamento por rozamento como parte da nosa vida cotiá sen poñerlle máis atención que a de non nos pasar cos minutos.

Agora, son outro tipo de ondas as que nos preocupan. A idea de que a telefonía móbil ou o wifi poden prexudicar a saúde está moi estendida, ata o punto de que existen peticións para eliminar as redes inalámbricas dos colexios e evitar a exposición nos máis pequenos, e outros acusan ás antenas de estar enfermos ou padecer cancro. Nalgúns casos mesmo conseguiron retiralas.

Durante catro anos, os investigadores mediron en Albacete a exposición de 75 persoas a estas ondas en 14 bandas de frecuencia,FM, TETRA, TV e as seis bandas de telefonía móbil, wifi, o inalámbrico (DECT), etc...Segundo os resultados, en media por banda de frecuencia, a radiación media recibida «é a equivalente á que recibiriamos dunha lámpada de 100 W a 1 km de distancia», é dicir, algo insignificante.
En conclusión, non hai ningún estudo que correlacionar a radiofrecuencia co cancro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario